+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

A Policía Local do Grove intensifica os controis medioambientais


A patrulla de medio ambiente da Policía Local xa identificou varias persoas e realizou diversas propostas de sanción por incumprimentos graves.

Tal e como se informou nas pasadas semanas, a Policía Local do Grove artellou unha patrulla medioambiental que está actuando na vixilancia e control de residuos. Deste xeito, dende a súa posta en marcha, xa foron identificadas varias persoas e leváronse a cabo varias propostas de sanción por incumprimentos no relativo á xestión do lixo.
Debemos lembrar que, segundo a normativa municipal, os residuos domiciliarios (e similares) urbanos depositaranse de 20.00 a 23.00 horas en inverno e de 21.00 a 23.00 horas no verán, e nos lugares, recipientes e colectores de lixo dispostos polo Concello para ese fin. Así pois, está terminantemente prohibido depositalos no chan ou noutras zonas e este comportamento (facilmente identificable) comportará sancións graves.
Dende a Policía Local solicítase a colaboración cidadá para evitar os graves problemas que supón o abandono do lixo en lugares inadecuados, especialmente coa gran cantidade de persoas que estamos vivindo estes días no Grove.

Deja un comentario