+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

O Concello do Grove continúa coa actividade cultural


Mantendo unhas medidas de seguridade rigorosas e a pesar do mal tempo, a importancia das actividades culturais segue estando presente no Grove.

O Concello do Grove mantén a programación cultural deste verán a pesar das inclemencias meteorolóxicas. Así, o Cinema de Verán previsto para esta tarde coa película de animación “Aladdín” trasladarase da súa localización inicial na rúa Castelao á Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, onde se establecerán unha capacidade limitada e as necesarias medidas de seguridade.
Do mesmo xeito, esta semana continuarán os Xoves Musicais, neste caso na voz de Carolina Rubirosa acompañada polo guitarrista Rafa Otero, ambos os dous músicos do Grove cunha importante traxectoria profesional. Dende o Concello do Grove (a través do Facebook de Cultura) manterase información puntual das posibles modificacións da programación por mor do clima, priorizando o desenvolvemento destas actividades tan agardadas pola veciñanza e tan agradecidas polas persoas que nos visitan.
Xa o venres, a actividade cultural estará presente en San Vicente coa proxección da galardoada película “Dolor y Gloria”, a partir das 22.00 horas no Campo da Festa desta parroquia. Lembramos que este filme está recomendado para maiores de 16 anos.
Ademais do cine e da música, o Concello do Grove tamén colabora nun recital de poesía que terá lugar este sábado e que reunirá poetas da localidade como Mary Carmen Cacabelos, Iria Barros, Eva Gondar, Manola Domínguez, Lourdes Marina, Paco Padín, Carmen Meis e Queco Fresco, contando con música de Carmela Arce. Será na rúa Castelao ás 20.30 horas.
A semana pecharase este domingo ás 21.00 horas no escenario da praza do Corgo coa actuación da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos. Xa entraremos así na derradeira semana de agosto, que tamén contará con actividade cultural para todos os públicos e en distintos lugares da localidade. Incidimos en que toda a actualidade desta programación se pode seguir no Facebook “Cultura O Grove”.

Deja un comentario