+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

O Concello de Marín realiza actuacións de mantemento na Finca de Briz


Debido á caída dunha árbore do parque procederase a súa retirada e unha inspección doutras dentro do parque

O Concello de Marín está a realizar obras de mantemento na Finca de Briz, debido á caída dunha acacia negra dentro do parque o pasado xoves.
Estas labores consistirán na retirada da árbore de grandes dimensións, caída na zona dos instrumentos da Finca de Briz. Ademais procederase á retirada da árbore contigua á afectada, outra acacia negra, para evitar posibles danos.
As dificultades de acceso de vehículos a motor á zona fan máis complicadas as labores de limpeza, retirada e transporte dos restos da árbore caída debido ao seu gran tamaño.
Debido a estas tarefas de mantemento, a parte afectada do Parque dos Sentidos, unha zona onde se atopan algún dos instrumentos, permanecerá fechada mentres dure a retirada dos restos de ramaxe.
Ademais desta actuación, realizarase na Finca de Briz unha inspección, por parte de técnicos especializados, para coñecer o estado das árbores do Parque dos Sentidos e retirar, se fose preciso, os que estean danados correndo perigo de caída.
Os restos da árbore caída tratarán de aproveitarse para a fabricación de diversas pezas de escultura en madeira, coma as que xa existen no propio parque, ou a reutilización dos mesmos mediante a creación de bancos.

Deja un comentario