+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

O concello de Pazos de Borbén evalua o protocolo anticovid no CPI Curros Enriquez


O centro manterá o comedor, que conta con 230 alumnos, con quendas diferentes para Primaria e Secundaria

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, acompañado do xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, varios membros do goberno local e a dirección do centro, visitou esta mañá o CPI Curros Enríquez para analizar a implantación do protocolo anticovid deseñado para a volta ás aulas o próximo mes de setembro.
Tal e como indicou o alcalde, o centro dispón dun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas para adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algún incidente.

“Tamén contan cun grupo Anticovid cuxo responsable se encargará de conectar
co Punto de Atención Continuada”, explicou Iglesias. Do mesmo xeito, indicou o rexedor, “xa se organizaron as entradas e saídas diferenciadas e a posta en marcha do servizo de comedor escolar, que
conta con 230 usuarios, un dos máis numerosos de todos os que xestiona a Xunta”. Para garantir a seguridade distribuirase aos alumnos en dúas quendas, un para Infantil e Primaria e outro para os de Secundaria. Ademais, os comensais estarán separados por pantallas de protección de metacrilato.
Pola súa banda, o xefe territorial de educación destacou o traballo que está a realizar o equipo directivo deste CPI e insistiu en “a importancia de que os alumnos e alumnas leven a cabo unha limpeza habitual e correcta de mans”.
Neste sentido, os representantes municipais trasladaron a súa colaboración nas tarefas de limpeza e mantemento do centro educativo

Deja un comentario