+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

Dan comezo as obras do Camiño de Esmoriz


O importe do contrato ascende a 123.544,75 € (IVE incluído do 21% que ascende a 21.441,65 €).

Dada a ampla superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.
Con este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións de agricultores e veciños e veciñas da zona- Informa o alcalde do Concello de Arbo – A obras acométense por mor do mal estado do camiño de Esmoriz e tamén se pretende a mellora das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal, co fin de dar un mellor servizo aos seus habitantes, e así prevese a implantación da rede de saneamento que non existe en dito camiño de Esmoriz.
O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Una das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Dende a chegada ao goberno municipal, atender as demandas dos veciños e veciñas de Arbo, é o noso obxetivo
principal e ás maís de 350 obras executadas avalan o noso compromiso cos arbenses – remata o rexedor

Deja un comentario