+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

O concello de Ponte Caldelas ultima as reparacións nos centros educativos do municipio antes da chegada do novo curso escolar


Operarios municipais subsanan problemas de humidades, pequenos arranxos e pintados de aulas

Operarios do Concello de Ponte Caldelas levan a cabo estes días labores de reparación e posta a punto das instalacións dos centros educativos do municipio para que estean plenamente realizadas antes do inicio do curso escolar que se producirá este xoves.

Entre os traballos que se están levando a cabo están a eliminación de problemas de humidade no colexio Cordo Boullosa derivadas da entrada de auga procedente do tellado en parte do salón de actos, nos baños do corredor principal e no cuarto de limpeza.

Tamén no Cordo Boullosa se están facendo labores de pintado en aulas e paredes do centro, así como a reposición do falso techo nalgúns lugares como o comedor escolar.

Labores de fontanería tamén están ocupando aos operarios municipais para solucionar perdas en cisternas, urinarios, grifos e limpeza de baixantes do tellado.

Ademais procederase a reparar un bo número de persianas que se atopan con problemas de funcionamento en varias aulas do centro educativo. Levarase a cabo tamén a sustitución de cristais rachados así como a reposición de bombillas en varios lugares como os baños da aula de música.

Tamén se aproveitará esta posta a punto para limpar cortinas e alfombras, os cristais da xanelas e baldear os patios interiores do centro coa intención de mellora-las condicións hixiénicas de uso para os rapaces.

REPARACIÓNS NA LUDOTECA MUNICIPAL E NA GALIÑA AZUL

Estes labores de reparación e posta a punto tamén se extenderon a Ludoteca Municipal e a Galiña Azul onde os operarios tiveron que reparar presillas das xanelas para mellora-la seguridade das aulas, repaso de portas que co paso do tempo hinchan e arrastran polo chan, limpeza das reixiñas do desaugue das entradas aos centros, pintado de paredes brancas que polo uso e o paso do tempo precisan dun repaso a fondo, así como o arranxo dos protectores de columnas para evitar que os cativos non sufran ningún accidente no caso de tropezar con elas.

ANDRÉS DÍAZ COMPROMÉTESE COA COMUNIDADE ESCOLAR DE A REIGOSA A CUBRIR UN PATIO CON CARGO AOS ORZAMENTOS DO VINDEIRO ANO

Por outra banda, o alcalde de Ponte Caldelas comprometeuse coa comunidade escolar a afrontar o cubrimento dun patio interior do Colexio da Reigosa, que será incluído nos orzamentos do vindeiro ano para ser asumido con fondos propios do Concello e poñer remedio a unha reivindicación prantexada desde hai tempo e que seguía sin solucionarse.

O orzamento aproximado deste investimento ronda os 40.000 euros e, segundo manifestou Andrés Díaz, “fora unha máis das promesas incumpridas de Perfecto Rodríguez que lles dixo que se solucionaría antes de comezar este novo curso, pero sigue sin facerse e sin partida orzamentaria para poder ser afrontado. Cos escasos recursos que nos deixaron para afrontar os arranxos en tódolos colexios do municipio non nos chega nin para empezar esta obra polo que haberá que incluila de xeito prioritario nos orzamentos para o vindeiro ano onde xa sí nos comprometemos a afrontar esta obra con fondos propios do Concello para garantir a igualdade de oportunidades educativas e de formación de tódolos nenos e nenas que cursen os seus estudios no municipio, independentemente en que centro educativo o fagan”, manifestou o alcalde Andrés Díaz.

Deja un comentario