+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

Este venres nova acción de limpeza do río Tea, esta vez imos en kayak!!!


Dentro da programación de voluntariado ambiental xuvenil da concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó realizarase unha nova xornada de limpeza do río Tea este venres día 28.

Enmarcada na iniciativa «Venres polo Planeta», ás 17 horas os e as participantes subiránse aos kayaks para limpar o lixo que remata na augas do Tea. Todos aqueles e aquelas que desexen participar deberán inscribirse en voluntariado@ponteareas.gal ou no número de teléfono 687 764 516

Concienciar á mocidade da importancia de conservar o noso medio natural, por en valor o patrimonio medioambiental e traballar en equipo para acadar unha vila máis sostíbel son os obxectivos das actividades do voluntariado ambiental xuvenil.

Deja un comentario