+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

Noite de percusión co novidoso espectáculo de Robertoliveira


A concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba convida a toda a cidadanía a gozar do concerto de Robertoliveira este venres día 28 ás 23 horas na Praza Maior.

 

 

Totalmente de balde e dentro do ciclo de «Noites ao Vivo» poderemos gozar deste percusionista dedicado á música contemporánea centrado na interpretación de novas obras con técnicas novidosas, recursos instrumentais renovados e aspectos escénicos inusuais. Roberto colabora activamente con compositores das novas xeracións para contribuir ao desenvolvemento da literatura para a percusión.

 

 

Realiza concertos con ensembles e orquestras xunto aos máis destacados artistas, directores e compositores actuais en Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemania, Dinamarca, Noruega, Hungría, Italia, Chipre, Austria, Luxemburgo, Eslovenia, Eslovaquia, Suiza, Irlanda, Irlanda do Norte, Inglaterra, Marrocos, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Filipinas, Taiwán e China.

Deja un comentario