+034 986 09 02 04 Martes 01 de Decembro de 2020

O goberno municipal acada respaldo do pleno para iniciar a contratación do servizo de recollida de lixo e a xestión do Punto Limpo


O goberno municipal do Porriño acadou o respaldo da maioría da corporación para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e transporte do lixo. O novo contrato que comeza a prepararse
contempla tamén que o futuro adxudicatario se faga cargo doutros residuos domésticos e asimilables así como da xestión do ”Punto Limpo” do concello, segundo explicou Sergio Casal, concelleiro de Limpeza que defendeu a proposta.
O acordo acadouse con cinco votos a favor (os catro concelleiros do PSOE, e Manuel Carrera da UDDL), o voto en contra de Blanca Francés, de EU SON e as abstencións do BNG e do PP. Previamente desestimouse unha enmenda do PP que pretendía deixar o asunto enriba da mesa.

No transcurso deste pleno ordinario de agosto, acordouse por unanimidade respaldar unha moción de EU SON en apoio do comercio de proximidade mediante unha campaña de cheques regalo e outras iniciativas para dinamizar o pequeno comercio. Tamén por unanimidade toda a corporación porriñesa acordou aprobar definitivamente a ordenanza reguladora do uso da lingua galega desestimando as alegacións presentadas ao anterior acordo.

Deja un comentario