+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

Charla sobre a violencia de xénero e a violencia sexual dirixida a deportistas da Guarda


Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda organiza unha charla informativa sobre a violencia de xénero e a violencia sexual dirixida a deportistas dos clubes femininos da Guarda.
Trátase dunha actividade financiada con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, e que tratará de achegar información sobre a prevención da violencia de xénero e mais concretamente sobre os distintos tipos de violencia sexual que poden afectar a estas deportistas e as mulleres en xeral.
O obxectivo é que as mozas participantes teñan máis e mellores recursos para decidir sobre a súa vida e as súas relacións de parella, e gozar dunha sexualidade sá, divertida e responsable.
Coñecer mais de cerca o problema da violencia sexual, os tipos, as características e ás consecuencias de sufrir este tipo de violencia, ademais de ofrecer pautas para saber que facer en caso sufrilo en primeira persoa, recursos aos que acudir, ou como poder axudarlle a algunha amiga que fose agredida sexualmente, son os contidos previstos traballar nesta charla que terá lugar o próximo xoves día 10 de setembro de 11:00 a 12:30h no Centro Cultural.
É imprescindible inscrición previa chamando ao teléfono do Centro cultural 986611850 ou no correo electrónico centrocultural@aguarda.es

Deja un comentario