+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

O Porriño vai ter Festas do Cristo «Diferentes e seguras» neste 2020


O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou hoxe Eva García de la Torre coa ocasión da presentar o programa festivo.
No acto de presentación celebrado na praza Arquitecto Antonio Palacios, diante da Casa do Concello, Eva García avogou por “un comportamento responsable da veciñanza porriñesa á hora de gozar destas Festas do Cristo”. “Entendo que os nosos veciños e veciñas van seguir sendo exemplares nos coidados e nas medidas de seguridade e protección”, manifestou.
Cami Moreira, concelleira de Cultura, responsable da organización destas Festas indicou que “neste ano, todas as actuacións serán en recintos reducidos, con aforos limitados e cadeiras”. A concelleira subliñou que entre as novidades desta edición “un auto cine que habilitaremos no aparcadoiro Karting, en Torneiros, fronte a “Maderas Iglesias”, onde proxectaremos as curtas gañadoras no recente Festival de Cans”, indicou Cami Moreira. Para manter o control e a seguridade, as persoas que desexen
acudir cos seus vehículos deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico cultura@oporrino.org
Nesta edición das Festas do Cristo sí haberá Festa dos Callos que terá lugar o domingo 4 de outubro con animación de rúa a cargo da “Agrupación Feixoada”. Será a edición número 27 “aínda que coas limitacións esixibles polos protocolos anti-Covid e centrada nos establecementos da hostalaría local”, segundo explicou Moreira Fontán.

Deja un comentario