
Concello de Arbo recibe unha achega de 4000,00€.- para a elaboración dun plan de acción para o clima e a enerxia sustentable (paces)
O Concello de Arbo ven de recibir por parte da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda a notificación da resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 5 de maio de 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, que vai destinada a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), por un importe de 4000,00€.-
O Concello de Arbo forma parte xa do Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático dende outubro de 2019. Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegura que “todos temos algo que facer e no ámbito da administración local o facemos deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas
competencias”. Precisamente, para alcanzar eses obxectivos, o Concello de Arbo ten que redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES) cun inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e
vulnerabilidades ante o cambio climático. Polo que no mes de xuño, solicitabase unha achega a Conselleria de Medio Ambiente para a elaboración do Plan.
Tendo en conta a resolución de adxudicación da achega de 4000,00€.- pola Consellería de Medio Ambiente, o Concello contratou o servizo de “asistencia técnica para a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)”, no importe de 4.000,00 € (IVE 21% incluído), correspondente á base 3.805,78 € e ao IVE do 21% 694,22 €, dentro dos cometidos da empresa adxudicataría do contrato deberáse realizar unha proba (durante 6 meses con datos de electricidade) dunha plataforma tecnolóxica de referencia para o cálculo das emisións do seu concello. entrega uhna guía de axudas e fondos europeos adaptada ao concello para a realización de novos proxectos e ferramentas e manuais para a actualización permanente do PACES e a elaboración dos informes de seguimento bianuais.
Nesa liña, o Concello de Arbo deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais – remata o rexedor do Concello Arbense.
Deja un comentario
Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.