+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

A Xunta aposta por seguir potenciando Galicia como destino seguro xa que o sector turístico é clave para a recuperación económica da nosa comunidade


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do Congreso de Turismo Experiencial, “Turismo e Cultura como eixes do emprendemento”, que terá lugar estes días en Lugo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, incidiu hoxe na aposta por seguir potenciando a marca Galicia como destino seguro xa que o sector turístico é sumamente importante para poder afrontar a recuperación económica da nosa comunidade.
Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do Congreso de Turismo Experiencial, “Turismo e Cultura como eixes do emprendemento”, que terá lugar estes días na cidade de Lugo, e onde fixo especial fincapé en que entre todos temos que conseguir que Galicia siga sendo un destino turístico de referencia, tanto a nivel nacional como internacional, ofrecendo un turismo de calidade e un turismo seguro.
A Xunta xa puxo en marcha o Plan de reactivación, tanto do sector turístico como do cultural con 47 medidas centradas no emprego, a liquidez e o consumo, sendo a primeira comunidade en aprobar un plan centrado nestes ámbitos, dando así unha resposta áxil ás necesidades de dous sectores fundamentais. Destinando 58M euros para potenciar medidas como “Galicia destino Seguro”, “Bono Turístico” e o “Fondo Xacobeo”, entre outras.
Polo que nestes momentos, segundo explicou o titular da Vicepresidencia primeira, ten especial importancia o Xacobeo 2021, porque “temos que seguir consolidando as cifras de visitantes á nosa comunidade e para iso este Xacobeo será clave na nosa recuperación económica xa que traerá miles de persoas a Galicia”. Alfonso Rueda tamén indicou que “debido ás circunstancias especiais condicionadas pola pandemia é fundamental replanificar o Xacobeo, adaptalo e de aí a importancia de que se poda ampliar no tempo, xa que é unha gran oportunidade para Galicia”

Deja un comentario