+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

Pontevedra recolle mañá o premio de recoñecemento concedido pola Comunitat Valenciana


Tamén está prevista a participación en dúas conferencias: unha co Ministerio de Transición ecolóxica e outra coa Deputación de Xaén.
O Concello de Pontevedra vive mañá un dos pratos fortes das actividades programas durante a Semana Europea da Mobilidade (SEM) que se vén celebrando dende hoxe e até o vindeiro 22 de setembro. Pontevedra recibe mañá o premio da Generalitat de Valencia e participa en dous foros estatais sobre o Efecto PO2.
A xornada comeza ás 11.00 horas coa entrega a Pontevedra do premio de recoñecemento na V Edición dos premios da Semana Europea da Mobilidade 2020 concedidos pola Comunitat Valenciana. Este acto de entrega farase por videoconferencia e asistirá o concelleiro de obra pública, Demetrio Gómez.
As 12.20 horas o concelleiro de Ordenación do Territorio e Mobilidade, César Mosquera participa por videoconferencia na xornada “Por unha mobilidade sen emisións” organizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
E tamén na mañá, ás 11.30 horas, o director xeral de Seguridade Cidadá, Daniel Macenlle participa en Xaén nunha xornada organizada pola Deputación provincial sobre a seguranza viaria no camiño escolar.
Con estas e outras convocatorias previstas para estes días, Pontevedra convértese nun dos referentes estatais da SEM, que xa arrancou o pasado luns cun encontro co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana por parte do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Deja un comentario