+034 986 09 02 04 Martes 01 de Decembro de 2020

O PP pide a comparecencia da concelleira de Cultura para dar conta da súa xestión coas asociacións culturais e veciñais do municipio


Os populares requiren información detallada sobre a compra de equipamento cultural a Xerpo Cultural SL cos máis de 24.000 euros aos que as entidades veciñais e culturais renunciaron para que se destinaran a axudar a autónomos e empresarios do municipio afectados pola crise sanitaria

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño vén de solicitar a comparecencia da concelleira de Cultura, Camila Moreira, para dar conta ante o pleno e ante a veciñanza de diferentes asuntos da súa xestión que están a perxudicar ás asociacións culturais e veciñais do
municipio.
En primeiro lugar, os populares reclaman que a edil do BNG facilite ao pleno información detallada sobre o destino das partidas correspondentes aos convenios anuais coa AC Pontellas, AC As Mimosas, AC A Forna, AAVV San Salvador de Torneiros, AAVV San Benito e San Sebastián e Asociación de
Amas de casa Os Rosais.
«Nun xesto de solidaridade estas asociacións acordaron co goberno municipal renunciar aos convenios que sustentan a súa actividade para que ese diñeiro se destinara a axudas municipais a empresas e autónomos afectados pola crise sanitaria»;, explica o portavoz , Alejandro Lorenzo, «Non foi así e o executivo utilizou eses cartos para adquirir equipamento cultural. Unha vez máis, a veciñanza demostrou estar a altura e o Concello, non».
Fai referencia o edil ao decreto de Alcaldía asinado o pasado 7 de setembro, onde se indica que a concelleira de cultura efectúa unha "proposta de adquisición de equipamento cultural diverso en condicións especialmente vantaxosas por cese de actividade de Xerpo Cultural SL como sala de exhibición de espectáculos, artes escénicas e escola de teatro", con cargo á partida retirada ás asociacións culturais e veciñais por importe de 24.151,60 euros. Os motivos alegados pola concelleira e refrendados pola alcaldesa, pasan «pola necesidade de renovación do equipamento cultural que ten a
concellaría de cultura e festas para a organización de eventos e do auditorio do centro cultural» e, paradóxicamente, "para reforzar a colaboración coas asociacións culturais e veciñais nas súas actividades».
«Estas subvencións son esenciais para manter as actividades que se desenvolven nos diferentes centros culturais e veciñais», manifesta Lorenz»,»;É inaceptable que, valéndose do engano e abusando da boa vontade, paralicen a súa actividade».

Por outra banda, os populares requiren explicacións sobre a reubicación dos locais onde as asociacións realizan as súas actividades, que de xeito unilateral foi modificada pola concellería de cultura sen buscar consenso algún coas asociacións afectadas.

«O Porriño ten un importante tecido asociativo que dá resposta a moitas das necesidades da nosa veciñanza e exerce de elemento dinamizador da vida sociocultural das nosas parroquias e, polo tanto, é un factor indispensable para mellorar a calidade de vida no municipi», conclúe o portavoz, «O Goberno Municipal debe contribuir á participación social promovendo o asociacionismo, en lugar de pretender limitar a vida cultural e social do municipio á deseñada por eles, como están a facer».

Deja un comentario