+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

Pontevedra recibe o primeiro premio á experiencia replicable no Marco da SEM de Valencia


O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá o Premio Semana Europea da Mobilidade 2020 á experiencia nacional/internacional replicable concedido pola Comunitat Valenciana durante un acto celebrado por videoconferencia e no que o Concello estivo representado polo concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, por indisposición do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
No momento de facer efectivo o galardón, o director xeral de Mobilidade da Comunitat Valenciana explicou que se trata dun premio que a Conselleria de Política Territorial tiña creado neste último ano, polo que é súa primeira edición.

“E como non podía ser de outra maneira”, aclarou o director xeral, o premio concedíaselle a Pontevedra. Salientou que “o xurado viuno claro dende o primeiro momento. Se algunha cidade o tiña que recibir ao marxe do papanatismo do estranxeiro, era Pontevedra”, aclarou.
Asegurou que Pontevedra “é un modelo de cidade peonil que todos quixeramos ter na nosa cidade”.
O concelleiro Demetrio Gómez agradeceu o premio e destacou que “este premio reafirma o esforzo que se ten feito en Pontevedra”.
Este acto celebrouse no marco da Semana Europea da Mobilidade que tamén tivo como protagonista hoxe ao concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que participou por videoconferencia na xornada “Por unha mobilidade sen emisións” organizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Deja un comentario