+034 986 09 02 04 Domingo 26 de Xaneiro de 2020

Información sobre cursos impartidos pola Antena Cameral da Cámara de Comercio en Gondomar


O Concello de Gondomar e a Antena Cameral da Cámara de Comercio, neste municipio, a través dun convenio cofinanciado polo Fondo Social Europeo, traballan para dar resposta á demanda formativa do tecido empresarial da zona.
Esta semana presentouse o programa de formación empresarial para o último cuadrimestre do ano.
A oferta inclúe cursos de gran interese, entre eles destacamos o de manipulador de produtos fitosanitarios, operador de carretillas elevadoras, un seminario de xestión de alérxenos na hostalería e outros enfocados a vendas, márketing e novas tecnoloxías.
A intención é sempre a de ofrecer cursos novos, mantendo aqueles que son máis demandados e algúns de carácter obrigatorio.
Para anotarse os interesados deben dirixirse á Antena Cameral de Gondomar, agora situada no CDL, chamando ao 986 369 900 ou por correo electrónico á seguinte dirección: antenagondomar@camaravigo.com

Deja un comentario