+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

O concello de Pazos de Borbén adquire un novo tractor de roza


O vehiculo utilizarase para mellorar as tarefas de limpeza de camiños e cunetas

O Concello de Pazos de Borbén acaba de recibir a última incorporación ao parque de vehículos municipal, un novo tractor rozadora. A compra ascende a un total de 61.708,79 euros que se financiaron entre o Concello de Pazos de Borbén e a Xunta de Galicia a través do fondo de compensación ambiental.
Debido á versatilidade do novo tractor, que conta cun brazo articulado de ata cinco metros de longo, o seu uso principal será o da limpeza de camiños e cunetas con teñan difíciles condicións de acceso ou non se poden limpar cos medios mecánicos habituais.
Coa chegada do tractor, o encargado da brigada municipal recibiu un pequeno curso de formación para coñecer todas as posibilidades que ofrece o novo vehículo, as nocións básicas para o seu mantemento e o uso correcto dos dous sistemas de roza, o do brazo articulado e o de arrastre.
Do mesmo xeito, para favorecer a adaptación do persoal da brigada municipal de limpeza a esta nova ferramenta, desde o Concello programaron un itinerario de traballo para o novo tractor en zonas de poucos obstáculos para que os traballadores poidan ir gañando confianza no manexo do vehículo de forma segura.
“O novo tractor será unha gran axuda para as tarefas de limpeza de camiños porque permitirá realizar tarefas que ata o de agora implicaban moito risco ou dificultade para os traballadores municipais”, explicou o alcalde de Pazos de Borbén,
Andrés Iglesias, que engadiu que ”cos novos sistemas de limpeza que incorpora este tractor, as tarefas de limpeza faranse de forma máis rápida e segura”.

Deja un comentario