+034 986 09 02 04 Martes 19 de Xaneiro de 2021

Intensifícanse os labores de limpeza e desinfección nas zonas de máis risco do casco urbano


Entradas dos centros educativos, contornas das farmacias e áreas anexas aos centros de saúde, así como os parques infantís, serán espazos nos que se faga máis fincapé.

O Concello de Marín segue traballando na prevención e no control da situación sanitaria na nosa localidade. Entre outras cuestións e derivado das novas restricións que levan vixentes desde a pasada semana en Marín, intensificáronse as limpezas e desinfeccións en áreas máis sensibles, como son as entradas e saídas dos centros educativos, as contornas das farmacias ou os arredores dos centros de saúde de Marín e Seixo e os parques infantís.
Estas tarefas únense a todo o dispositivo de limpeza despregado polo Concello desde os inicios da pandemia, que supuxo un importante aumento do gasto neste eido pola contratación de empresas que prestaron este servizo así como pola dotación de novo material de hixiene e EPIS para os operarios das brigadas municipais.
Ademais, durante todo o verán realizáronse limpezas e chorreos na práctica totalidade das rúas do municipio, mantendo os protocolos de prevención e velando por un espazo público seguro.

Deja un comentario