+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

Domínguez, en contra do peche de Raíña Vitoria: “Os cidadáns deben ser partícipes dos cortes de tráfico. Están a bloquear a entrada á cidade sen ningún consenso”


O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, analizou a “decisión unilateral do Concello” do peche desta rúa: “Non se acordou con ningunha asociación, nin con veciños, nin con comerciantes”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, compareceu este mércores para analizar o corte da rúa Reina Vitoria, “unha das principais arterias viarias e de entrada a Pontevedra”.
Como consideracións previas, o popular explicou que se trata dunha “decisión unilateral por parte do Concello”: “Non se acordou coas diferentes asociacións afectadas, nin se levou á Comisión de Movilidad para explicarnos con detalle a actuación, e o máis importante, non se falou cos veciños nin co comercio local.
É unha decisión imposta e non dan nin unha soa alternativa ao tráfico rodado”. “Aos pontevedreses chámalles a atención que despois de sete meses de pandemia, a solución que traen Lores e Mosquera é o peche dunha das principais vías de comunicación da cidade. Non tomaron nin unha soa medida. Aquí está en cuestión o peche dunha arteria principal da cidade, sen consenso cos veciños e comerciantes,
utilizando desculpas falsas e sen informes técnicos”, expuxo Domínguez. “Chamamos á cidadanía para formar unha fronte común en contra dunha gran inxustiza. Están a bloquear a entrada á cidade”.

 

Sobre a orixe da decisión, Domínguez argumentou que se pon “como escusa unha pandemia sendo unha acción que xa estaba a ser estudada polo Concello”: “A desculpa, a ollos de todos, é absolutamente ridícula. Se queres preservar o
distanciamento social durante o recreo podes tomar medidas durante o que dure o mesmo, e máis tendo A Alameda a escasos metros. Ninguén entende que o corte se produza durante as 24 horas do día, sábados, domingos, festivos, e no período non lectivo”. “Que teñan o valor de dicir a verdade, que non se escondan detrás da pandemia”, sentenciou o popular.

Domínguez quixo lembrar que o Partido Popular pediu no Pleno municipal un estudo do estado do tráfico na cidade e “Lores votou en contra”: “Así pode impoñer medidas con base política como esta; sen ter en conta as xustificacións técnicas ou estudos profesionais rigorosos. Queren gobernar impoñendo o seu criterio único sen atender á cidadanía e as súas razóns”.

O popular avanzou que xa mantén contactos con diferentes asociacións e afectados pola obra e avanzou que os populares xa traballan en diferentes accións para tratar de solucionar a problemática.

“Contando co respaldo da maioría dos pontevedreses, desde o Partido Popular non podemos aceptar unha medida que é inxusta e prexudicial, e que só trata de tapar as vergoñas dun alcalde que está escondido no seu despacho durante a maior crise dos seus 22 anos de mandato, e cando sae do seu agocho, faio para peonalizar unha rúa”, rematou Domínguez.

Deja un comentario