+034 986 09 02 04 Sábado 24 de Outubro de 2020

O concello de Soutmaior destina 6500 euros a bolsas para os seus deportistas individuais


Concederanse axudas especiais aos deportistas que participen en campionatos europeos ou mundiais

Un ano máis, o Concello de Soutomaior convoca o seu programa de axudas aos deportistas individuais do municipio. O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días e poderán optar ás axudas os deportistas federados que practiquen disciplinas oficiais que polo seu regulamento leven a cabo de forma individual ou en parella.
Para solicitar a axuda será necesario estar empadroado no Concello de Soutomaior e achegar unha declaración xurada das axudas públicas recibidas polo solicitante, estar ao corrente coa Axencia Tributaria, unha copia da licenza federativa vixente e unha memoria deportiva do ano 2019.
A convocatoria inclúe un réxime de axudas especiais, de 500 e 800 euros, aos deportistas que participen en campionatos oficiais europeos ou mundiais que se disputen fose do territorio español.
As solitudes deberán presentarse a través do rexistro xeral ou a través da sede electrónica municipal do Concello de Soutomaior. Se os deportistas son menores de idade, deberán ser os pais ou titores os solicitantes da subvención. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de transparencia, igualdade e eficiencia. O pago das axudas realizarase nun único pago e só será necesario presentar antes do 30 de novembro os xustificantes dos gastos realizados.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, sinalou que con estas axudas “búscase colaborar coa promoción dos deportistas locais e, dentro das nosas posibilidades, premiar o seu esforzo e recoñecer a súa dedicación. Ao final e ao cabo, os seus triunfos e as súas vitorias tamén o son para todos os veciños”.

Deja un comentario