+034 986 09 02 04 Sábado 24 de Outubro de 2020

O protocolo COVID da Consellería de Sanidade reforza con cribados preventivos o gromo da empresa Avigal que mantén en corentena a 75 tranalladores e 20 contactos


En coordinación coa Administración Sanitaria Pública galega, a empresa Avicola de Galicia en Cambados pechará as súas instalacións 48 horas para intensificar a súa limpeza e desinfección tanto en fábrica coma en zonas comúns

O protocolo preventivo COVID activo na Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés pola Consellería de Sanidade mantén en corentena a 75 traballadores da empresa AVIGAL dende comenzo do gromo e unha veintena de contactos destes traballadores, que evolucionan nos seus domicilios. Dito protocolo xestiona a situación reforzando cribados preventivos na procura activa de detección de casos e mantendo o seguemento e control deste gromo.
En coordinación coa Administración Sanitaria Pública galega, a empresa Avícola de Galicia en Cambados pechará as súas instalacións 48 horas para intensificar a súa limpeza e desinfección, tanto en fábrica coma en zonas comúns, tras a detección de numerosos casos nos cribados realizados.
Esta nova medida adoptada pola empresa reforzará as implementadas dende o comezo do gromo para atallar as cadeas de contaxio, entre as que se atopan a redución da produción, o suministro de material de proteción aos traballadores e as limpezas e desinfeccións con produtos virucidas.
Rexeitamento de denuncias sobre neglixencia
A Administración Sanitaria Pública galega avala o actual protocolo preventivo en función das necesidades e rexeita as denuncias sindicais sobre neglixencia, dado que a detección e rastrexo de casos COVID integra un permanente e eficaz traballo de equipo que aportan diversos profesionais do sistema.
Cómpre lembrar que, cando se produce un gromo en calquera lugar, todos datos COVID remítense ao sistema VIXIA de vixilancia epidemiolóxica, que xa está integrado no sistema de historia clínica, e que permite aos profesionais sanitarios que traballan no sistema de rastrexo coñecer a situación dos casos e a evolución das persoas do seu entorno.
Un traballo de equipo da central de seguimento -que realiza as enquisas e o seguimento diario telefónico durante a corentena- dos técnicos de vixilancia epidemiolóxica, que fan seguimento de gromos coma o da empresa AVIGAL.

Así mesmo, participa o persoal de Atención Primaria, que elabora a valoración clínica dos contactos que manifesten síntomas e fai o seguemento das persoas en domicilio.
O protocolo preventivo COVID conta tamén co persoal do servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, que fai seguimento e control de positivos cando estes requiren hospitalización.
Activación do protocolo preventivo cando se require

A Consellería de Sanidade lembra que o protocolo preventivo COVID actívase cando clínica e epidemiolóxicamente así se require en calquera centro asistencial, empresarial ou educativo da comarca, respostando ás incidencias e en permanente coordinación cos servizos sanitarios e cos profesionais asistenciais.
Finalmente, cómpre sinalar que, coa operatividade destes protocolos, a porcentaxe de casos de coronavirus detectados en Galicia de persoas que non presentaban síntomas está a ser de arredor dun 66%, fronte á media nacional dun 53%. Este dato sitúa a Galicia como unha das tres comunidades autónomas españolas que detectan máis casos de COVID en persoas asintomáticas.

Deja un comentario