+034 986 09 02 04 Domingo 25 de Outubro de 2020

Este domingo, XXVII Festa dos Callos que estrea prezo de 6€ por ración


As asociacións AHOSPOR e ACIPOR, co apoio do Concello do Porriño, organizan a 27ª edición da Festa dos Callos que terá lugar este domingo 4 de outubro.
Preto de trinta establecementos do Porriño participan. Segundo acordaron establecementos e organizadores, este ano estrease un novo prezo único, de 6 euros que inclúe ración de callos, pan e a cazola conmemorativa.
As limitacións impostas polos protocolos anti-covid obrigan a organizadores e Concello a reducir os actos públicos. Haberá animación de rúa a cargo da Agrupación Feixoada, a partir de mediodía.
A relación dos establecementos de hostalaría participantes neste certame é a seguinte:
Adega de Montero Vinoteca, A Francachela, Argentino 2, Bar Celtiña, Bar Liceum, Cafetería El Sol, Cafetería O Porriño, Cafetería Platinum, Casa Di Mili, Cólleo con Pinzas, Enigma, El Cincuentaicinco, Hamburguesería Fran, La Cueva, La de Chato, La Pantera Rosa, Maloserá, Maracaná, O Xantar de Pepa, Paso a Nivel, Restaurante Pontenova, Restaurante Val da Louriña, Saspi, Scala, Tapería Maracaibo, The Classic. La Abuela Rockera, Volvoreta y Zentral.

Deja un comentario