+034 986 09 02 04 Sábado 24 de Outubro de 2020

A AXEGA ensaia con drons de tecnoloxía autónoma a planificación e resposta ane situacións de emerxencia mediante o recoñecemento previo da zona afectada


En colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia, os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias probaron en Cervo novos drons capaces despegar e retornar ao punto de inicio de forma desatendida

A Axencia Galega de Emerxencias ensaia con drons de tecnoloxía autónoma como o recoñecemento previo dunha zona afectada pode mellorar a planificación da resposta ante situacións de grave risco. Así, mediante un exercicio realizado en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia, os técnicos da AXEGA puideron probar a eficacia de novos drons capaces de despegar e retornar ao punto de inicio de forma desatendida e emitir imaxes en tempo real, que facilitan a observación e, por tanto, a toma de decisións na intervención dos equipos de emerxencia en situacións de risco.
Por iso, no exercicio realizado esta mañá no Centro Experimental de Voos non Tripulados, situado na localidade de Cervo, formulouse o obxectivo de mostrar a importancia de contar con tecnoloxía avanzada que facilite a anticipación e a planificación dunha resposta eficaz ante situación de grave risco.
Ademais, os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias mostraron como na actualidade xa se utilizan drons para a busca e posterior rescate de persoas. Para iso, puxeron en marcha outro exercicio que consistiu na localización dun pescador perdido en zona de costa para posibilitar o seu posterior rescate.
Con esta actividade, os técnicos da AXEGA probaron os novos avances tecnolóxicos en materia de recursos e sistemas, que se poñen ao servizo das emerxencias co obxectivo de aumentar as posibilidades de éxito en situacións de risco vital.
Cómpre destacar que esta actividade desenvolveuse no marco dun proxecto de cooperación entre a AXEGA e o ITG cuxa finalidade é o aproveitamento das sinerxías entre ambos os dous organismos, que destacan pola súa experiencia e innovación na operativa de drons, respectivamente.

Deja un comentario