+034 986 09 02 04 Domingo 25 de Outubro de 2020

Portas afronta un operativo de limpeza, desinfección e acondicionamento de marquesiñas municipais


Ricardo Martínez sinalou que nestes momento a seguridade dos escolares e dos veciños e veciñas de Portas é fundamental para as prioridades que se marca como alcalde

 

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez Chantada, ordenou a posta en marcha dun dispositivo de limpeza, desinfección e acondicionamento de tódalas marquesiñas existentes no municipio a través dun operativo que levan a cabo os traballadores municipais como medida preventiva fronte ao Covid-19 así como para axeitar estas infraestruturas ás necesidades da poboación.

Así, nestes días levarase a cabo o baldeado, limpeza e desinfección con hipoclorito das distintas marquesiñas esistentes no termo municipal e tamén se afrontarán labores de reparación e posta a punto destas infraestruturas que acubillan á poboación, sobre todo escolar, cando agardan polo transporte público.

Ricardo Martínez deu orde tamén de incorporar algunha marquesiña máis en lugares que estaban necesitados deles e incluso a substitución dalgunha vella por outra en mellores condicións.

Para Ricardo Martínez estes traballos de desinfección e limpeza son fundamentais para contribuir desde o Concello á seguridade dos escolares e dos veciños e veciñas de Portas como unha cuestión fundamental e prioritaria que se marca como alcalde nestes tempos de pandemia.

Por outra banda, sinalar que os operarios do Concello de Portas continuarán de xeito rutinario cos baldeados de viais e zonas máis concurridas pola poboación, así como inmediacións de centros educativos, centro de saúde, edificios municipais, etc. para seguir cos labores preventivos fronte ao Covid-19.

Deja un comentario