+034 986 09 02 04 Sábado 24 de Outubro de 2020

Díaz impide aos mozos e mozas de Ponte Caldelas o acceso ao programa “O Teu Primeiro Emprego” da Deputación de Pontevedra


O PPdeG considera incrible que o goberno municipal non inclúa ao Concello nesta iniciativa laboral co alto índice de paro xuvenil esistente no municipio

O Partido Popular de Ponte Caldelas comproba con incredulidade como o Concello de Ponte Caldelas deixa de concurrir como entidade colaboradora co programa de inserción laboral da Deputación de Pontevedra “O Teu Primeiro Emprego” que dá acceso a mozos e mozas a un traballo despois de remata-lo seu ciclo formativo.

Para os populares esta medida, que impide de facto que as mozas e mozos de Ponte Caldelas poidan optar a este programa de inserción laboral provincial que busca racha-lo ciclo vicioso no que está sumido a mocidade para acceder ao mercado laboral por falta de experiencia, é aínda máis inconcebible si temos en conta os datos do desemprego xuvenil no municipio que están alcanzando un cariz alarmante.

Os concelleiros do Paritdo Popular levarán ao seguinte pleno a súa protesta e preocupación pola falla de iniciativas e de xestión municipal por parte do grupo de goberno que é incapaz de xestionar nada ante a imposibilidade de seguir organizando festas e paparotas polo actual estado derivado da alerta sanitaria polo Covid-19.

NON CONSEGUE NIN SOLICITA UN SO OBRADOIRO DE EMPREGO EN CINCO ANOS

En materia laboral, os concelleiros do PPdeG amosan a súa preocupación como en máis de cinco anos que leva xa como alcalde, Andrés Díaz non solicitou un obradoiro de emprego como si o fan outros municipios da comarca. “O máis preocupante non é so eso é que nin siquera o solicita nin busca acordos con outros municipios próximos, de calquera cor política incluída a súa, para desenrolas este tipo de accións formativas de cara á inserción laboral tan importantes para a xente que está en situación de desemprego e sen alternativas laborais. NON SE ENTENDE NIN COS MUNICIPIOS DO SEU PROPIO PARTIDO PARA CONSTRUÍR UNHA OFERTA CONXUNTA. Ninguén quere nada con el. É moi lamentable ese talante tan negativo que so produce perxuizos aos nosos veciños e veciñas”, sinalaron os concelleiros do PPdeG.

Por outra banda, os populares requerirán no vindeiro Pleno unha explicación por parte do alcalde sobre esta situación así como polos cursos que se levan impartidos a instancias do Concello que pese a supoñer un alto custe económico non contan con titulacións homologadas e recoñecidas dentro da Unión Europea á hora de poder acreditar suficientemente as ensinanzas adquiridas.

POLÍTICA LABORAL DESTRUTIVA E CON GRAVES SANCIÓNS ECONÓMICAS E XUDICAIS PARA O CONCELLO

Asemade, no vindeiro Pleno os concelleiros esixirán unha explicación sobre a política laboral que leva a cabo Andrés Díaz entre o persoal do Concello despois de que o TSXG ratificara a obriga de indemnizar á súa secretaria por despido improcedente, o lamentable episodio coas traballadoras despedidas que tivo que readmitir e tamén se lle preguntará por un infome do interventor que censura ao alcalde a inclusión dunha “funcionaria interina” sin que lle conste ao técnico municipal nin contrato laboral algún nin proceso selectivo para a súa incorporación como persoal do Concello”.

Nos últimos tempos pasaron pola “administración Díaz”, tres interventores, tres arquitectos, catro responsables de comunicación e ten problemas continuos co persoal municipal polas súas arbitrariedades que ocasionan un grave perxuizo ao funcionamento da administración local.

Deja un comentario