+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

Seis finais diferentes para pechar o VII Torneo de Tenis Concello de Ponteareas


Os partidos decisivos do campionato disputaranse o domingo 20 de setembro de maneira repartida entre as pistas de Reiro e A Freixa

A sétima edición do Torneo de Tenis Concello de Ponteareas celebrará as finais das diferentes categorías o vindeiro domingo 20 de setembro. O campionato organizado polo Club Tenis Ponteareas, que conta coa colaboración da concellería de Deportes xestionada por BenitoMárquez, contou coa participación de más de 90 tenistas que competiron durante 15 días nas pistas da Freixa e de Reiro.
Estas instalacións acollerán tamén, de maneira repartida, as finais de todas as categorías. As pistas da Freixa serán testemuña da final na modalidade de dobres e da final do cadro de consolación na categoría sénior a partir das 15:45 horas. Tamén na área recreativa da Freixa terán lugar as finais das categorías sénior e júnior masculinas a partir das 17:30 horas.
A pista de Reiro acollerá o último partido do cadro de consolidación en categoría júnior a partir das 15:45 e a final do cadro de consolidación en categoría feminina a partir das 17:30 horas.

Deja un comentario