+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

A Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés efectuou un cribado xeral a preto de 200 pacientes e 1.300 profesionais do Hospital Provincial no marco do seu protocolo preventivo covid


Dita iniciativa -efectuada en coordinación con todos os servizos hospitalarios- é a primeira deste calibre efectuada nun centro hospitalario da rede pública do Servizo Galego de Saúde dende o inicio da pandemia

A Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés ven de efectuar un cribado xeral a preto de 200 pacientes e 1.300 profesionais do cadro de persoal do Hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, enmarcado no seu protocolo preventivo COVID. Dito cribado xeral -efectuado en coordinación con todos os servizos hospitalarios- é o primeiro deste calibre efectuado nun centro hospitalario da rede pública do Servizo Galego de Saúde dende o inicio da pandemia o pasado mes de marzo.
Nestes intres non se dispón de todos os resultados das PCR´s, polo que dita información deste cribado facilitaráse no momento que o Servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra remate o procesado de todas as mostras tomadas tanto onte, venres 23, coma hoxe sábado 24 de outubro. Todos eles -pacientes coma profesionais- evolucionan baixo constante seguimento do Servizo de Medicina Preventiva e a Unidade de Prevención de Riscos Laborais da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Remate da limpeza e desinfección de Oncoloxía 2
No que atinxe ao brote de coronavirus xurdido na área de hospitalización de Oncoloxía 2 do Hospital Provincial de Pontevedra en pasadas datas, cómpre sinalar que rematouse co proceso intensivo de limpeza e desinfección de habitacións, espazos comúns e áreas de uso profesional, iniciativa que permite a súa reactivación asistencial nas vindeiras horas.
Os pacientes positivos ingresados nesa área do servizo de Oncoloxía e posteriormente trasladados ás zonas de hospitalización COVID do Hospital Montecelo continúan coa súa evolución, así coma o resto de contaxiados, que seguen illados nos seus domicilios.
Prevención para evitar contaxios
A Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés reitera a necesidade permanente de extremar as medidas de prevención xa coñecidas para evitar novos contaxios, que seguen a xurdir no eido social e familiar entre a poboación.

Deja un comentario