+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

SmartPeme pon en marcha esta semana outros sete obradoiros online


Ata o 30 de outubro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Linkedin e Instagram para empresas, debuxo con Onshape, como mellorar a presenza en liña, o footer da web e a comercialización en liña

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre Linkedin e Instagram para empresas, debuxo con Onshape, como mellorar a presenza en liña e o footer da web, e a comercialización en liña de experiencias gastronómicas.
En concreto, o luns María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación Corporativa, impartirá o obradoiro “Linkedin para empresas”. Ao día seguinte, 27 de outubro, será a quenda de dúas novas accións: “Reels: a nova función de Instagram”, a cargo de Lara
Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, e “Debuxo con Onshape, PartStudio V”, impartida polo experto universitario en robótica Manuel Freire.
O mércores 28, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, desenvolverá “Mellora a túa presenza en liña promocionando as entradas do teu blog”.
Na xornada do xoves están previstos dous obradoiros: Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en
Comunicación e Industrias Creativas, falará sobre “Como mellorar o footer da túa web”, e o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández impartirá a acción “Promociona a túa empresa a través dos stories de Instagram”. Por último, o venres 30 levarase a cabo “Comercialización en liña de experiencias gastronómicas” a cargo de Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas e posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas.

Deja un comentario