+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

A Azucreira de Portas acollerá o vindeiro 29 de novembro a actuación de Milladoiro con motivo do 40º Aniversario da Publicación do seu Album «A Galicia de Maeloc»


As entradas son gratuítas e poderanse retirar ata completar o aforo reducido pola Covid-19 no Concello ou reservando no teléfon 986 53 69 25

O mítico grupo folk galego “Milladoiro” actuará o vindeiro domingo 29 de novembro ás 18 horas no auditorio da Azureira de Portas, con motivo do 40º aniversario da publicación do seu disco “A Galicia de Maeloc”. As entradas para acudir ao concerto serán gratuítas e, polas restricións derivadas da Covid-19, deberán retirarse ata completa-lo aforo reducido nas oficinas do Concello de Portas ou reservando no teléfono 986 53 69 25. Os asistentes deberán portar máscaras de protección individual en todo momento e usa-lo xel hidroalcólico que estará á súa disposición na entrada do auditorio.

Para unha mellor organización e control de aforo, Concello de Portas recomenda que as reservas se fagan de xeito ordenado e anticipadamente canto antes e non esperar a última hora para poder facilitar unha mellor coordinación dos equipos organizativos para garantir en todo momento a seguridade sanitaria.

Neste concerto, que se celebrará no auditorio da Azucreira de Portas promovido por Turismo de Galicia e que conta coa colaboración directa do Concello de Portas, Milladoiro repasará as pezas máis emblemáticas do seu repertorio e, ademais presentará as cancións do seu novo traballo discográfico: Atlántico. Será hora e media do mellor folk galego e internacional.

“A Galicia de Maeloc” é un álbume composto por 13 temas e responde a un traballo no que por primeira vez na música galega se empregaban de xeito conxunto a gaita galega, a ocarina, a arpa, frautas e a zanfona, entre outros instrumentos. Para conmemorar esta efeméride, Milladoiro realizará unha xira de tan so 11 concertos, entre eles o de Portas do vindeiro 29 de novembro.

Deja un comentario