+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

O Concello de Oia incorpora un novo camión multiusos


Con esta actuación, o goberno local continúa coa renovación do parque móbil municipal que está a desenvolver ao longo do presente mandato

O Concello de Oia vén de incorporar un novo camión multiusos para a recollida de residuos sólidos urbanos e restos vexetais procedentes de desbroces e limpeza de vías públicas; unha actuación que busca mellorar a calidade deste servizo. A compra deste vehículo supuxo un investimento superior aos 44.000 por parte da Administración local.
O camión chegou este mércores a Oia para incorporarse de inmediato aos servizos municipais de recollida de residuos en substitución do camión que se viña empregando ata o de agora, o cal estaba dando moitos problemas debido á súa antigüidade. A nova incorporación, da marca Fuso, está dotada con tecnoloxías para a redución de emisións contaminantes.
Unha vez recibido polo Concello, a alcaldesa, Cristina Correa, e mailo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Rodríguez, fixeron unha revisión das prestacións e equipamentos do camión. Entre as súas
principais características destacan as tres opcións de basculante da súa caixa colectora: cara o lado esquerdo, o dereito e cara atrás; o que supón unha mellora respecto ao antigo vehículo (que só tiña
unha).
Renovación do parque móbil municipal

 

O novo camión multiusos supón un investimento total de 44.649 euros, financiados a través dos remanentes de tesourería (como investimento financeiro sostible) dos orzamentos municipais de 2019.
O contrato foi licitado e adxudicado á empresa Angal Vehículos Industriales SL; que vén de facer a entrega ao Concello nesta mesma semana.
Con esta actuación, o goberno local de Oia dá continuidade ao proceso de renovación do parque móbil municipal que está a desenvolver ao longo do presente mandato. O ano pasado adquiriuse
unha nova furgoneta, vehículo ao que agora se suma o novo camión para a recollida do residuos sólidos urbanos.

Deja un comentario