+034 986 09 02 04 Domingo 09 de Agosto de 2020

Carmela Silva destaca os anticipos a concellos, a oficina de asesoría e a administración electrónica como políticas a implementar en Pontevedra


A Presidenta da Deputación agradeceu a boa disposición do seu homólogo de Sevilla para colaborar en mellorar os servizos da institución pontevedresa

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, agradeceu hoxe o recibimento do presidente da Deputación de Sevilla, Fernando Rodríguez Villalobos, e a súa boa disposición a colaborar para implementar na institución pontevedresa as boas prácticas que desenvólvense na capital andaluza.
Carmela Silva sinalou, tras manter a entrevista con Fernando Rodríguez Villalobos, que a Deputación de Sevilla é un modelo de xestión de como unha institución provincial, durante moito tempo, ben desenvolvendo a súa función con boas prácticas.
Silva destacou sobre todo tres aspectos fundamentais como os máis interesantes da visita a institución andaluza dos cales o persoal técnico que a acompañan nesta visita de traballo van profundizar o longo do día en Sevilla. En primeiro lugar, trátase da política de anticipos de tesourería e liquidez aos concellos da provincia sevillana «que é un bo instrumento de xestión para os concellos andaluces», sinalou Silva.
En segundo lugar, a oficina técnica de asesoramento aos concellos que dispón a Deputación de Sevilla, que ofrece servizos de asistencia xurídica, sobre urbanismo ou de contratación, entre outros temas, «que é algo que xa nos están a demandar os propios concellos da provincia de Pontevedra», subliñou a Presidenta.
O terceiro aspecto que destacou Carmela Silva como máis interesante e o servizo de administración electrónica con que conta a Deputación andaluza, que é propiedade desta institución e totalmente desenvolvido por eles, e que tamén pon a disposición dos concellos sevillanos.
As xefaturas de servizo e o persoal técnico que acudiron a Sevilla tamén manterán diversos encontros co seus homólogos sevillanos para conocer outros proxectos que desenvolven en materia de igualdade, xuventude e deportes.
Por último, Carmela Silva sinalou a boa disposición do presidente sevillano a que persoal técnico da Deputación de Sevilla poda acudir a Pontevedra para asesorar en caso de que algunha das súas políticas váianse a implementar na institución pontevedresa.

Deja un comentario