+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

A Deputación de Pontevedra non aplicará na corporación provincial a suba salarial do 0,9%


 

O goberno retirará das bases do orzamento 2021 o paragrafo no que aparece que as retribucións da corporación variarán en función do que determinen os orzamentos xerais do estado

Carlos Font lamenta “o vergoñento debate que tentou facer o PP cando non explica como é posible que deputados do seu grupo cobren máis que a propia presidenta”

A Deputación de Pontevedra non aplicará na corporación provincial a suba salarial do 0,9%. O deputado Carlos Font comunicou hoxe que o goberno retirará das bases do orzamento 2021 o paragrafo no que aparece que as retribucións da corporación variarán en función do que determinen os orzamentos xerais do estado.
Font lamentou o “debate amarillista e cheo de lixo que tentou verter o PP e do que só podemos sentir vergoña porque lles vale todo”. O deputado mostrou a súa consternación, aínda que “ante esta catarata de descualificacións e insultos baseados en mentiras”, si pediu ao grupo popular que explique á sociedade como é posible que deputados como Alfonso Marnotes e outros cobren máis que a propia presidenta da Deputación. Ou como é posible que un deputado que é alcalde dun concello de menos de seis mil habitantes teña unhas retribucións de máis de 70.000 euros. Diso non falan?”, preguntou. “É escandaloso que un partido con dirixentes que están no cárcere por roubar diñeiro público, se atreva a falar disto en vez de estar agochados na casa” Carlos Font volveu a acusar ao grupo popular de “mentir sen pudor cando teñen o valor de falar dun aumento de recursos”. O deputado aportou o informe de
Persoal, que figura na documentación dos orzamentos e que foi elaborado polo interventor, o Secretario e a Xefa do Servizo de Recursos Humanos, informe que reflicte con total claridade que o aumento salarial da corporación en 2021 con respecto a 2020 é cero. O único que aparecía nas bases de execución do orzamento era que “Estas retribucións experimentarán a mesma variación que a que determine, no seu momento, a LPGE do próximo exercicio para os empregados públicos”. Ese é o paragrafo que desaparecerá agora das bases do orzamento.

Font concluiu que o PP “o que presentou ao orzamento da Deputación foi un grupiño de enmendas que non aportan nin unha soa idea nova para a transformación da provincia e que só teñen por obxectivo seguir na confrontación permanente co goberno provincial, incluso atrevéndose a mentir”

Deja un comentario