+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

O PP pide axilidade ao Goberno Local para que tramite as exencións de impostos locais aos autónomos afectados polos peches da Covid


Esiximos ao Bipartito que deixe exentos do pago de impostos como lixo. IBI e outros a toda a hostalería, tal e como se acordou fai catro meses.

O Grupo Municipal do PP esixe ao Goberno local que sexa áxil cumprindo os acordos en relación á COVID-19, porque se expuxo a exención de impostos locais a todos os autónomos que sufriran peches durante o Estado www.ppdeponteareas.es de Alarma, como consecuencia da pandemia, e seguen sen aplicalo.
“Esperamos que agora o bipartito si faga caso, parece que non lle interesa, esperamos ter máis sorte esta vez”.
Por outra banda os populares solicitan unha campaña de concienciación na hostalería e outra forma de proceder, por parte do alcalde, antes de sancionar aos hostaleiros. “O Goberno BNG- PSOE leva máis de 250.000 euros recadados en sancións. Está ben que fagan cumprir a lei, pero poderían primeiro informar e advertir aos hostaleiros, xa que con tanto cambio de normativa moitos descoñecen as normas actuais”.
O PP considera que é necesario velar pola seguridade dos ponteareáns pero considera que, debido á delicada situación do sector hostaleiro e do comercio, poderíase proceder doutras formas antes de sancionar. “É necesario que coñezan o seu límite de aforo, a hora do peche, que se lles advirta das normas que deben de cumprir, antes de sancionar poderíase previr e advertir. Aqueles que non cumpran deberán ser sancionados, pero en moitos casos é por falta de información”, explican os populares.

Deja un comentario