+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

O pleno infantil demandou rachar coa fenda dixital coa ocasión do Día Mundial dos Dereitos da Infancia


A mellora da conectividade á Internet en todo o territorio municipal e unha maior dinamización de actividades de lecer a través da Rede, foron as dúas demandas máis reiteradas pola maioría dos nenos e nenas do Porriño que participaron hoxe na sesión telemática do pleno infantil. A convocatoria anual responde ao compromiso adquirido logo do recoñecemento de O Porriño como “Cidade amiga da Infancia” por parte de UNICEF e como xeito de conmemorar o Día Mundial dos Dereitos da Infancia
Ademais o pleno que finalmente presidiu Lourdes Moure, concelleira de Educación, serviu para solicitar o apoio e compromiso dos nenos, nenas e adolescentes na resposta aos retos da situación actual, e para impulsar a Axenda 2030 e cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Na sesión acordouse realizar de novo co Concello unha iniciativa semellante á do ano pasado no ámbito de movemento internacional #GivingTuesday que consistirá nunha recollida de alimentos e produtos de hixiene infantil para colaborar con “SOS Porriño”.
Tamén se recolleron as propostas da meirande parte dos nenos e nenas participantes a propósito de manter o alumeado de Nadal nas rúas e prazas para como elemento de animación nas actuais circunstancias.

Deja un comentario