+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

A Consellería de Emprego e Igualdade ven de comunicar ao Concello de Salvaterra de Miño a concesión do OBRADOIRO DE EMPREGO “SALVATERRA EMPREGA”


A Consellería de Emprego e Igualdade ven de comunicar ao Concello de Salvaterra de Miño a concesión do OBRADOIRO DE EMPREGO “SALVATERRA EMPREGA”

Dentro da liña de fomento de Emprego que está realizando este Concello, co fin de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do municipio, o equipo de Goberno acolleuse a subvención de obradoiros de Emprego que saca a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O Obradoiro de Emprego presentado é “SALVATERRA EMPREGA”, cunha duración de 9 meses e que pretende formar a 20 persoas desempregadas nas seguintes especialidades formativas:

10 persoas no ámbito da dependencia: Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio

10 persoas no ámbito da limpeza de superficies e locais: Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais e servizos para o controis de pragas

Tres especialidades que hoxe máis ca nunca son moi demandadas e necesarias.

Deja un comentario