+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

O Concello de Vila de Cruces conmemora o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contras as Mulleres, coa campaña ‘Vila de Cruces en Negro’


  • Este ano o Concello distribuirá máscaras negras con frases reivindicativas a todo los asistentes

 

O Concello de Vila de Cruces conmemorará un ano máis o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con diferentes accións reivindicativas. 

Este 25 de novembro a designación desta data por Nacións Unidas cumpre 20 anos. E un ano máis o Concello de Vila de Cruces quere mostrar o seu apoio a tódalas vítimas, por este motivo, desde o goberno de Vila de Cruces  anima a todos os veciños e veciñas do Concello que se unan a esta iniciativa de apoio a toda las mulleres asasinadas, ás súas nais, pais, irmáns, irmás, amigos, e moi especialmente os seus fillos e fillas que quedaron orfos, por una violencia que como di a concelleira Mireya “ desde o Concello de Vila de Cruces combatemos con enerxía esta causa, compartindo a a dor, e animando a toda a sociedade a combater esta lacra que é A Violencia de Xénero, unha violencia que nun país en democracia e no século XXI non ten cabida, demostrando con estes actos o compromiso do noso Concello cos dereitos das mulleres e lograr que se erradique calquera tipo de violencia contra elas” 

Os actos celebraranse o vindeiro dia 25 de Novembro no Auditorio de Vila de Cruces , uns actos que comezarán coa apertura de portas as 18:45 para que os asistentes poidan acomodarse con tranquilidade, para as 19:00 horas ler o Manifesto que durará aproximadamente 15 minutos, ás 19:15 faranse entrega dos premios do concurso ás mellores frases do 25 N, e ás 19:30 como colofón proxectarase a película “TE DOY MIS OJOS”. 

Por suposto todo isto respectando a máxima seguridade por mor do Covid-19 e con total garantía, xa que cumpriremos estritamente as recomendacións sanitarias da Xunta de Galicia, queremos desfrutar do evento, pero desde o grupo de goberno tamén queremos que ninguén enferme, polo que pedimos a todos os asistentes que sexan responsables, e como di o slogan da Xunta “SENTIDIÑO” 

Deja un comentario