+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xaneiro de 2021

Díaz sofre un novo varapao no seu empecinamento en boicotear os Baños do San Xusto por “envexa e incapacidade”


O IET inadmite esta nova petición cun infome xurídico demoledor que pon fin á vía administrativa para o “bochornoso” labor de tentar entorpecer o remate final destas obras
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, volve sofrir un novo varapao no seu empecinamento en boicotear o convenio asinado entre o Instituto de Estudios do Territorio, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Concello de Cerdedo-Cotobade ao abeiro do Pacto pola Paisaxe para a recuperación dos Baños do San Xusto.

Así o IET vén de emitir un contundente e demoledor informe técnico- xurídico denegando a súa petición de revisión de oficio do convenio asinado entre as tres partes para a protección, xestión e ordenación da paisaxe nas areas de especial interese paisaxístico “Meandros do Lérez” e “Serra do Suído”.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, considera “bochornoso o labor de tentar entorpecer o remate final destas obras que o único que evidencias é a súa envexa e incapacidade para poder xestionar nada e o único que procura é botar abaixo, pola vía da revisión de oficio, dun convenio que goza do respaldo dos informes favorables emitidos pola flor e nata da asesoría xurídica da Xunta a través dos distintos Gabinetes Xurídicos intervintes neste longo e tedioso proceso”.
Cubela refírese aos informes favorables emitidos para este convenio pola asesoría xurídica da Xunta do 25 de outubro de 2018 no que se indica que a proposta axústase aos requisitos do artigo 26 da Lei de Subvencións de Concello de Cerdedo-Cotobade Galicia. Tamén conta co visto bó da Dirección Xeral de Planificación e Orzamento, da Consellería de Facenda, do 11 de decembro de 2018, que afirma que o convenio se axusta ao Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020.
Ademais recibiu o respaldo favorable da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, do 12 de decembro de 2018, onde se recoñece que o convenio constitúe unha subvención de concesión directa, ao amparo do artigo 19.4 c) da Lei 9/2007 concluíndo a procedencia de someter o expediente á autorización do Consello da Xunta e autorización para a sinatura do mesmo acordado polo mencionado órgano de goberno autonómico en sesión celebrada o 13 de decembro de 2018. Informes que, segundo se recolle no escrito enviado polo IET ao Concello de Ponte Caldelas, “na medida en que operan como mecanismos de control da validez do instrumento convencional, constitúen garantía de que o mesmo se adecuou á máis estricta legalidade”, salienta o escrito xurídico en negrita.
“PATALETA DE NENO PEQUENO ANTE A SÚA INCAPACIDADE DE POÑER EN MARCHA UN PROXECTO INVIABLE PARA O ANTIGO BALNEARIO”
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, que considera este feito protagonizado por Andrés Díaz como “un auténtico esperpento valleinclaniano e unha verdadeira pataleta. E incomprensible ver como en lugar de atender o que debe, o alcalde de Ponte Caldeles perprete este novo atentado sen sentido e extemporáneo nun tema que nin lle vai nin lle vén, cando incluso xa lle dera carpetado por peche de expediente o propio Defensor del Pueblo. Díaz ven agora pola porta de atrás a presentar ante o IET unha petición de revisión de oficio do convenio para financiar os Baños do San Xuntos, contra os intereses dos veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade, porque é un xestor pésimo que en 5 anos como alcalde foi incapaz de poñer en marcha un proxecto termal inviable e sen apoio privado, como anunciara no seu día, e tenta torpedear o proxecto dos demais, dun concello veciño que sempre colaborou con Ponte Caldelas e que incluso compartiu no pasado reivindicacións e proxectos comúns. É inaudito. Sr. Díaz, onde están as 8 empresas que dixo que tiña interesadas nas súas pozas? Dea nomes. Era todo fume e agora busca perxudicar aos demais”.
Jorge Cubela manifestou sentirse tranquilo e sereno así como moi satisfeito de ter feito ben as cousas desde o principio e desde a máis Concello de Cerdedo-Cotobade estricta legalidade o que nos permite confiar nas institución e nos técnicos xurídicos da Xunta que foron os que tutelaron en todo momento este convenio que é similar ao que se firma en calquera comunidade autónoma de España e incluso é a fórmula que aconsella o Convenio Europeo da Paisaxe asinado en Florencia (Italia) o 20 de outubro do 2000 e a propia Lei 7/2008 do 7 de xullo de Protección da Paisaxe de Galicia “onde se priorizan estes pactos como instrumentos de concertación entra as administracións públicas, as entidades locais e outros axentes socioeconómicos dun determinado territorio a fin de promover accións de protección e mellora das paisaxes e da calidade de vida da cidadanía no marco dun desenvolvemento sostible”, indica o informe do IET.
“O ÚNICO CONCELLO DE GALICIA QUE PRESENTOU UN PROXECTO
PIONEIRO AO ABEIRO DO PACTO POLA PAISAXE”
Finalmente, Cubela referiuse ao informe xurídico incluído na resolución do IET cualificándoo de “moi completo, sesudo e cunha cimentación xurídica incontestable e, entre as súas argumentacións que respaldan a legalidade e xusteza do convenio asinado hai un apartado no que di unha gran verdade e é o meollo desta cuestión que o Concello de Cerdedo-Cotobade foi o único concello de Galicia que presentou ante esta administración unha proposta completa de actuacións para a celebración dun pacto pola paisaxe, a cal contiña un conxunto de obrigas tanto para o propio Concello, como para a Xunta a través do IET, e para a Fegamp”.
Ante esto, Cubela fíxolle unha derradeira recomendación a Díaz: “A min non me gusta dar leccións a ninguén, pero sempre me gustou escoitar a opinión dos nosos vellos e neste caso teño que dicirlle ao alcalde de Ponte Caldelas que se deixe de enredar porque todo no que se mete sae trasquilado e que permita darlle un consello polo ben dos veciños e veciñas de Ponte Caldelas: Humildade e traballo e que deixe en paz aos demais”.

Deja un comentario