
No que atinxe á construción e mellora das infraestruturas deportivas de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte destinou, en 2019, unha contía de 3.934.217 euros, mentres que en 2020 este orzamento ascendeu aos 4.274.024 euros, o que supón un incremento de preto dun 9%
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o concello pontevedrés de Arbo para supervisar o estado final da obra de reforma do tellado do pavillón municipal. O importe total da actuación ascendeu a 46.933,12 euros, dos que a Xunta de Galicia achegou 32.000 e o concello os restantes 14.933,12 euros.
Neste 2020 a Xunta de Galicia continua incidindo na liña de traballo poñendo a punto o mapa de infraestruturas deportivas de toda Galicia e, nomeadamente, da provincia de Pontevedra.
A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2020 polas infraestruturas deportivas. No que atinxe á construción e mellora das infraestruturas deportivas de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte destinou, en 2019, unha contía de 3.934.217 euros, mentres que en 2020 este orzamento ascendeu aos 4.274.024 euros, o que supón un incremento de preto dun 9%. En total, na provincia de Pontevedra realizáronse obras nas instalacións municipais de 9 concellos como foron Arbo, Crecente, Moaña, Oia, Pazos de Borbén, Pontecesures, Portas, Rodeiro e Salvaterra.
Deja un comentario
Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.