+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Xaneiro de 2021

A corporación porriñesa debatirá en pleno as condicións de licitación do novo contrato da Piscina Municipal


A corporación municipal celebrará este mércores sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro que, de novo, será telemática, a partir das 18 horas.
Dous asuntos destacan na orde do día. Un deles é a regulación das condicións xurídicas e económicas para arrendamento de terreos de titularidade municipal para explotacións mineiras. O concelleiro de
Patrimonio Municipal, Pedro Pereira levará á consideración do pleno da corporación os pregos de condicións que a partir de agora rexerán esas adxudicacions.
E o outro asunto sobranceiro do pleno é iniciar a licitación do novo contrato para a explotación da Piscina Municipal. A proposta do concelleiro de Deportes, David Alonso contempla un contrato por 3 anos, a razón de 545.000 euros anuais. Entre as condicións que se formularán no prego da licitación figuran a subrogación do persoal actual da piscina (máis de 20 traballadores). Asemade a empresa que resulte adxudicataria deberá asumir a prestación de clases de instrución e formación tanto na auga como no ximnasio da piscina.

Deja un comentario