+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Xaneiro de 2021

Jorge Cubela porá fin ás humidades e pingueiras no pavillón de Cerdedo cun investimento de casi 23.000 euros para arranxos na cuberta


Realizarase unha renovación total de chapas e tornillería para evitar que aumente o deterioro detectado no recinto municipal

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, está disposto a poñerlle remedio dunha vez por todas ao problema de humidades e goteiras que está a padecer o pavillón municipal de Cerdedo, instalación que canaliza gran parte da actividade deportiva a cuberto neste territorio, a través dunha obra que
alcanzará un investimento total de 22.899,98 euros.
Cubela decidiu destinar a esta reparación en profundidade do pavillón parte dos cartos de aforro que os distintos procesos de adxudicación das obras do Plan Concello foron deixando ao facer as empresas adxudicatarias das mesmas ofertas por debaixo do prezo de saída nos concursos. Así, os traballos que serán acometidos próximamente contemplan a retirada de varias chapas e de prácticamente toda a tornillería para evitar filtracións que se traducían en humidade e incluso varias pingueiras que
afectaban de maneira grave non so ás gradas por unha das paredes senón tamén a propia cancha de xogo coa perigosidade que eso supuña para a práctica deportiva.
A ambiciosa obra de reparación no pavillón leva tamén parella o selado de varias zonas por onde se estaba a cola-la auga de choiva e tamén se procederá a realizar unha revisión completa da cuberta para solventar calquera problema que poda adolecer despois de anos de uso.
Para Jorge Cubela “a práctica do deporte no noso municipio é unha prioridade máxima e o mantemento nas mellores condicións das instalacións das que dispomos é un deber que temos que afrontar. Comprometinme a resolver o problema de humidade e as pingueiras no pavillón e espero que con este investimento pasen a ser un mal recordo deste pavillón que tantas alegrías viviu e ten por disfrutar”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade.

Deja un comentario