+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

O programa de lecer Ocio en Familia no concello de Mos volve á carga co espectáculo de “Troula en Troula”


A actuación terá lugar o próximo domingo 27 ás 19:00 no Multiusos As Pozas

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón ofrece os/as mosenses a posibilidade de disfrutar do espectáculo de “Troula en Troula” do Mago Paco dentro do programa de actividades de dinamización lingüística co obxectivo principal de impulsar actividades que promovan o uso da lingua galega.

Os principais destinatarios desta actividade dominical, son todas as familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos do Concello de Mos.

As metas deste actuación son a posibilidade de ofrecer alternativas de ocio saudable para todos os públicos, sempre promovendo a participación e o divertimento das familias mosenses. Así mesmo, tamén propiciando a interacción e o contacto entre os habitantes do concello, compartindo momentos de lecer. Neste caso, tamén preténdese favorecer o coñecemento da diversidade e riqueza literaria da nosa lingua.

O Mago Paco, este 27 de setembro, sorprenderanos coa súa última aventura. Unha viaxe pola Galiza máis festeira, acompañado de dous músicos un tanto peculiares. Os tres amigos tratarán de contarnos como foi a súa viaxe “De Troula en Troula” e tentarán explicarnos a través da maxia, da música e dunha morea de sorpresas máis as súas vivenzas, experiencias e aprendizaxes dende o Entroido Ourensán, pasando polo San Xoán da Coruña ata as torres dos vikingos de Catoira.

Un espectáculo que mestura a maxia con música tradicional en directo, tratando de achegar a cultura, a troula e o folclore galego ós máis cativ@s da casa, mergullándoos nun mundo enefitizado cheo de: tradición galega, melodías populares, diferentes lugares, personaxes fantásticos e sorrisos interminables. Unha obra con lingua, color, sabor, materia, espazos, música e maxia…. made in Galiza.

Os asistentes poderán disfrutar de balde deste espectáculo dunha hora de duración

Deja un comentario