+034 986 09 02 04 Martes 19 de Xaneiro de 2021

A Xunta aposta pola colaboración entre as forzas de seguridade para controlar o cumprimento das medidas ante a Covid-19


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá por videoconferencia na reunión do Centro de Coordinación (CECOR) da comunidade, presidida polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para facer seguimento das medidas de prevención relacionadas coa covid- 19.
A Xunta aposta por continuar coa colaboración de forma fluída entre as forzas e corpos de seguridade na posta en marcha de operativos de control e inspección das restricións sanitarias adoptadas para facer fronte ao coronavirus e abordar as prioridades e os criterios de aplicación das medidas restritivas que se van implementando. No encontro, que contou con representantes das forzas e corpos de seguridade e de Protección Civil, tamén participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica Jorge Rubal.

Deja un comentario