+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xaneiro de 2021

O PP de Nigrán lamenta a falta de compromiso do goberno do PSOE cos veciños de Nigrán.


O PP de Nigrán presentou senllas mocións para a mellora real do trazado dos viais de titularidade provincial Tarela- Camos-Chandebrito EP-2106 e Mallón- Areiña EP-2102, ao o que o Sr Alcalde nos quere vender que xa están en marcha, cando o que está en proxecto son simples sendas peonís, algo claramente insuficiente despois de 50 anos de non facer practicamente nada nestes viais, realmente o Sr. González quérenos “tomar o pelo”, rexeitando a nosa proposta de instar á Deputación para realizar un verdadeiro arranxo dos viais citados, cando ademais, voto a favor diso en abril do 2019.
Doutra banda, o PSOE de Nigrán, rexeitou tamén as nosas propostas de axuda ás Ong, Autónomos, Pemes e Artistas por un importe de 40.000€ e 400.000€, alegando que ninguén as pediu nada, e que os servizos sociais do Concello funcionan moi ben… os mesmos servizos sociais que recibiron a proposta da Xunta de 1.800 h de asistencia domiciliaria (sen custo para o Concello) durante a pandemia e que NON ASIGNARON NIN UNHA HORA.
En canto ás axudas a Autónomos Pemes e Artistas, descartouna por desmesurada, a cambio propón que no próximo pleno exporá axudas por 120.000€.
Facendo un simple calculo das empresas e empregados afectados, con ese importe mais da metade dos mesmos non recibirían nada. A contía asignada é claramente insuficiente, aínda que polo visto é suficiente para os sectores que a demandaban, xa que no pleno non había ningún representante dos colectivos.
Todo isto deixa claro a falta de compromiso de goberno municipal cos veciños de Nigrán, facendo propostas para a galería, claramente insuficientes, vendéndoas como o mellor… máis fume … como sempre.

Deja un comentario