+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Xaneiro de 2021

Cubela anuncia no Pleno a reserva dunha partida moi elevada nos orzamentos do 2021 para axudas directas a autónomos e hostalería por mor da Covid-19


“Non entendo como o PSOE pode votar en contra e o BNG absterse de pedirlle á Deputación que se molle e destine axudas ás familias dos autónomos que o están pasando tan mal e logo teñan a cara e facer demagoxia e presentar mocións de cara á galería para que concellos modestos como o noso teñan que destinar cartos a rescatar e socorrer a esas persoas”

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou durante o transcurso da celebración do Pleno ordinario da Corporación Municipal a reserva dunha partida moi substanciosa dos orzamentos do 2021 para adicala a axudas destinadas a paliar os efectos negativos do peche obrigado de establecementos por mor da pandemia da Covid-19.
Cubela fixo este anuncio ao tempo que sinalou que os orzamentos para o 2021, que están a piques de rematarse a súa elaboración, terán unha clara vocación de axuda e asistencia aos emprendedores, traballadores autónomos e familias que viven da hostalería e do pequeno comercio e que se ven moi afectados polas consecuencias económicas da pandemia. “Será unha prioridade número un nos orzamentos do 2021 atender á xente, ás familias. Ninguén pode quedar atrás na loita contra a pandemia e faremos todo o necesario para que así sexa”, manifestou o alcalde.

Concello de Cerdedo-Cotobade Asemade, o alcalde criticou severemente a PSOE e BNG, ao primeiro por votar en contra e aos segundo por absterse na moción presentada polo PPdeG para esixirlle á Deputación que contribúa a colaborar no rescate e socorro das familias de autónomos afectados polo peche obrigado por mor da pandemia.
“Non podo entender, por moito que o intento, como o PSOE pode votar en contra e o BNG absterse de pedirlle á Deputación que se molle e destine axudas ás familias dos autónomos que o están pasando tan mal e logo teñan a cara e facer demagoxia e presentar mocións de cara á galería para que concellos modestos como o noso teñan que destinar cartos a rescatar e socorrer a esas persoas”, sinalou indignado Jorge Cubela.
O rexedor fixo estas declaracións mentras adiantoulle á oposición a liña mestra destas axudas que contemplan desde a redución ou devolución en moitos casos de taxas municipais ata achegas directas para bares, cafeterías, restaurantes, establecementos de hostalería e pequeño comercio que tiveron que pechar as súas portas nestes días pola Covid-19.
Tamén anunciou que o ano 2021 “vai a ser o ano da loita pola recuperación das nosas vidas, de recuperar a normalidade e de reflotar a economía das familias máis afectadas polos efectos desta pandemia sanitaria con graves consecuencias económicas. Estamos e estaremos sempre ao lado dos nosos veciños e veciñas nos bos e, sobre todo agora, nos malos momentos. Non os imos defraudar e empeño neso a miña palabra á que nunca faltei na miña vida”, sinalou o alcalde.
“A DEPUTACIÓN NON SE PODE POÑER DE PERFIL ANTE UNHA SITUACIÓN
DE EMERXENCIA SOCIAL SEN PRECEDENTES NA NOSA HISTORIA”
Jorge Cubela tamén lle manifestou á oposición a súa vontade de seguir reclamando doutras administracións superiores, como Xunta “e sobre todo a Deputación de Pontevedra que é a única entidade que non aporta nada, que non dedica un euro de axuda aos afectados pola Covid-19 como si fan outras 14 deputacións de España ou mesmo a Deputación socialistas da Coruña.
Non deixaremos a ninguén atrás e, sobre todo, as administracións como a Deputación, que están para axudar aos pequenos e medianos concellos, para que non se poñan de perfil ante unha situación de emerxencia social sin precedentes na nosa historia recente”, concluíu do rexedor de Cerdedo-
Cotobade.

Deja un comentario