+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Xaneiro de 2021

A deputada Leticia Gallego e alcaldesa do Porriño desmenten á Xunta e ao PP local:»Non hai un só un euro consignado nos OXG21 para ampliar o Centro de Saúde»


A deputada autonómica pontevedresa, Leticia Gallego e a alcaldesa, Eva García reiteraron que a Xunta de Galicia e o PP local “están a mentir cando afirman que hai partida nos Orzamentos Xerais de Galicia 2021 para a ampliación do Centro de Saúde do Porriño, sinalou a rexedora.
“Por agora no proxecto orzamentario que a Xunta entregou aos grupos políticos no Parlamento de Galicia non hai consignación para a ampliación do Centro de Saúde do Porriño”, manifestou a deputada socialista pontevedresa.
“Dende o grupo parlamentario socialista na cámara autonómica demandamos que non se demore máis esa ampliación polo que fixemos unha iniciativa instándolle á Xunta para nos Orzamentos de Galicia inclúan unha partida específica para a súa execución”, declarou Leticia Gallego que asinou cos seus compañeiros Julio Torrado, Marina Ortega e Gonzalo Caballero unha batería de preguntas parlamentarias e iniciativas lexislativas dirixidas ao goberno galego por este asunto.
Pola súa banda Eva García subliñou que “o grupo parlamentario socialista teña presentada unha iniciativa esixindo que se dote nos Orzamentos a ampliación do Centro de Saúde, pon de manifesto que a Xunta e o PP local mentiron dicindo que hai inversión para O Porriño cando non é así”.
“Nos seis anos que levo como alcaldesa, a Xunta non gasta nin un euro en inversión no Porriño a pesar das necesidades que temos. Xa está ben que se gasten os cartos públicos para premiar aos afíns e proscribir aos que temos ideas políticas contrarias” rematou García de la Torre.

Deja un comentario