+034 986 09 02 04 Luns 06 de Xullo de 2020

Ponteareas encara o tramo final das Festas de Setembro


A película “Diosmío, ¿pero qué te hemoshecho” servirá como inicio da fin de semana

A marcha popular en bicicleta prevista para o domingo, 27 de setembro, queda aprazada até novo aviso
Ponteareas abre oficialmente a fin de semana das festas de San Miguel coa proxección da película “Diosmío, ¿pero qué te hemoshecho”,na Praza de Bugallal ás 20:30 o vindeiro venres 25 de setembro.
O propio venres dará comezo tamén un dos eventos que copará boa parte da actividade ao longo destes días. Trátase da cuarta edición do Festival das Brétemas, que celebrará o seu segundo concurso de cantos da taberna polos bares de Ponteareas a partir das 21:00 horas do venres, para pechar a noite no Parque da Feira Vella cunha Foliada Taberneira que comezará ás 00:00 horas. Xa o sábado, as actividades darán comezo ás 12:00 horas, cun percorrido polas rúas do casco urbano a cargo do grupo vasco Zanpantzar de PasaiDonibane, para seguir ás 13:00 horas na sesión vermú que terá lugar na Feira Vella con Cé Orquestra Pantasma. Pola tarde, a partir das 16:00 horas, fútbol gaélico no Campo Municipal de Pardellas; a partir das 17:00 horas, xogos populares no Parque Urbano Forestal; e adende as 19:00 horas, a palestra “Vivindo Linguas Minorizadas” no bar Onde Sempre. Pola noite será a quenda da música e a festa no Parque da Feira Vella, a partir das 22:00 horas, coa actuación de grupos como Nao, Pellikana ou Som de Gringo, entre outros. Todas as actividades do IV Festival das Brétemas son gratuítas.
O sábado 26 de setembro taménterá lugar o espectáculo ofrecido polo Mago Teto na Praza Maior, ás 18:30 horas, denominado “As novas Tolemaxias”.
A mañá do domingo está reservada para a Primeira Exaltación do Pemento de Guláns, con máis de 350 racións do característico pemento da parroquia ponteareá con porco celta de Deva, pan do Porriño e viño. A partir das 10:30 horas no Parque Avisoureira.
A marcha popular en bicicleta prevista para o domingo, 27 de setembro, queda aprazada até novo aviso.

Deja un comentario