+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

“Ponteareas ten un goberno estable por primeira vez dende 1999”


Xosé Represas, María Jesús Garrote e Manuel Troncoso, voceiros das tres formacións municipais que forman o goberno, repasaron os 100 primeiros días da lexislatura

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a primeira tenente de alcalde, María Jesús Garrote, e o cuarto tenente de alcalde, Manuel Troncoso, actuaron como voceiros dos tres partidos que forman o goberno municipal para facer un repaso do acontecido ao longo dos “primeiros e intensos” 100 días de gobernoda presente lexislatura.
Herdanza recibida
A comparecencia serviu, en primeira instancia, para dar conta da herdanza que deixou o pasado executivo municipal, especialmente no que se refire ás débedas sen contabilizar e que “limitarán a capacidade de investir no curto prazo por parte do consistorio en apartados que a veciñanza precisa”.
Ademais das débedas que xa foron publicadas polo actual goberno municipal recentemente, como os 151.300,41 euros reclamados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil ou os 605.436 euros que o Concello de Ponteareas terá que devolver á Administración Central, correspondentes á liquidación do ano 2013 da participación do municipio nos tributos do Estado; hai que sumar agora a reclamación por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de 370.445,65 euros polos gastos que a Xunta llereclama ao Concello na xestión do Centro de Día da vila ponteareá.
Un Concello que tamén terá asumir o pagamento de “diversas facturas atopadas nos caixóns por valor de máis de 60.000 euros, dos intereses de demora xerados no contrato cunha empresa construtora que superan os 138.000 euros, e das indemnizaciónsa diversos traballadores municipais”.
A estas cantidades é preciso engadir o déficit anual de 50.000 euros que a Estación de Autobuses leva xerando dende 2011, ano no que caducou o convenio de cesión por parte da Xunta ao Concello; e os 20.000 euros que o representante legal da anterior empresa concesionaria do servizo de grúa municipal deixou de pagar pola súa estancia en réxime de aluguer nunha vivenda municipal durante varios anos.
En total “estamos falando dunha débeda que supera omillón e medio de euros coa que non contabamos antes de asumir o goberno”, sinalou Represas.
Transparencia e loita contra a corrupción
Precisamente o servizo de grúa municipal serviría para ilustrar “a absoluta falta de respecto pola normativa vixente” do anterior goberno do PP, que permitiu que este se viñera prestando sen amparo contractual, segundo o informe xurídico municipal, dende o pasado ano 2006.
A posta en coñecemento de toda a veciñanza de casos coma o do servizo de grúa e a personación do Concello de Ponteareas na causa xudicial aberta pola Operación Patos, na que están implicados o anterior alcalde, Salvador González Solla, e a ex concelleira de Facenda, Belén Villar, amosan a “firme vontade do actual equipo de goberno de actuar con transparencia e defendendo os intereses e os cartos de todos os veciños de Ponteareas”.
Medidas tomadas
“Todas as medidas que se prometeron durante a campaña electoral e que se podían levar a cabo nesta primeira fase, foron executadas”. Así se referiu Xosé Represas a actuacións como a súa renuncia a cobrar o seu soldo como alcalde para investir eses cartos en políticas activas de emprego que “permitirán, nos vindeiros meses, subvencionar a creación de postos de traballo a través dun apoio económico á contratación indefinida, temporal a ao autoemprego”; ou a anulación dun proceso de consolidación de prazas que “impedirá dotar de legalidade a varios postos de traballo que en varias sentenzas xudiciais xa figuraban como carentes do cumprimento da normativa mínima esixida para a súa creación”.
Un goberno que está “tentando gobernar coa xente”, segundo o propio rexedor, e que ofrece “estabilidade ao Concello por primeira vez dende 1999”, tal e como sinalou ManuelTroncoso, quen tamén aproveitou para facer fincapé “na claridade do noso programa e no noso compromiso de cumprilo paso a paso. Algúns deste pasos xa están permitindo que os veciños e as veciñas noten que algo está mudando en Ponteareas”.
Tanto Represas como Troncoso destacaron o clima de entendemento e diálogo existente entre as distintas forzas do executivo, o cal garante a existencia dun goberno estable e competente.
A aprobación do PXOM, “polo bo camiño”
María Jesús Garrote, primeira tenente de alcalde e responsable de Urbanismo, anunciou que “unha vez realizadas as últimas modificacións esixidas polo informe emitidodende a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que entrou no Concello no pasado mes de xullo, polo que o pasado 31 de agosto se iniciou o proceso de consenso cos diferentes grupos da políticos da corporación”.
A edil de Urbanismo tamén quixo salientar que “as previsións para conseguir que o Plan Xeral vaia acompañado de solo industrial grazas á habilitación do Parque Empresarial da Lomba tamén segue a fola de ruta marcada”, polo que, “tendo en conta o período necesario para reunirse cos diferentes grupos políticos e veciñais e o tempo preciso para que o equipo técnico realice as modificacións correspondentes no documento do Plan Xeral, poderíamos estar en condicións de presentar o PXOM no pleno, para a súa aprobación, a finais deste ano, quedando pendente, a partir dese momento,da aceptación definitiva por parte da Xunta de Galicia”.
Malgasto do diñeiro público
O alcalde, Xosé Represas, tamén quixo incidir no excesivo gasto que determinadas partidas tiveron durante o mandato do anterior goberno local, poñendo como exemplo os “146.282,31 euros que se gastaron na pasada edición do Corpus Christi, tal e como figura no departamento de intervención do Concello”.
Represas recordou que “os alfombreiros, principais protagonistas desta festividade, só tiveron asignada unha cantidade aproximada de 20.000 euros, polo que parece dificilmente comprensible que se poidan gastar 125.000 euros noutras cuestións”. Este goberno, a través da concellería de Cultura que xestiona Hortensia Bautista, “vén de demostrar que se pode deseñar unha programación atractiva e variada, durante todo un mes, como a que se está a realizar nas presentes Festas de Setembro, pola metade dos cartos utilizados na Festa de Corpus”.

Deja un comentario