+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Xaneiro de 2021

Dous campións autonómicos, dúas pratas e dous bronces de A.D Avanza


Dous campións autonómicos, dúas pratas e dous bronces como resumo dunha dura xornada con terreo brando con gran desnivel herba que obrigaba a usar todas as forzas para despedir o ciclocross 2020. Despois dunha gran actuación dous riders da escola de ciclismo Avanza na Copa Galicia de ciclocross con catro ouros e un bronce e o premio o mellor equipo na competición da Copa Galicia , tocaba afrontar esta vez o campionato galego de Ciclocross non podía ser menos, aínda que nesta ocasión so conseguiron subir o mais alto do podio David Fernández na categoría Sub23 e Laura Mira en júnior Fémina, pero non quedaba aí os metais conseguidos polos integrantes da asociación porriñesa xa que categoría cadete tamén conseguían estar presentes no podio do Campionato Galego de CX, André Martínez e Uxía Soto conseguían a prata e Marta Estévez bronce. Na categoría Elite hai que destacar a gran actuación dun Luís Fernández “Oli” que unha vez mais demostra que quen tivo retivo, o que fora ciclista profesional en equipos como o Phonak, Karpin Galicia…. conseguía o bronce no campionato galego de ciclocross. Un Luís Fernández “Oli”, un peza clave na formación dos e das riders da escola de ciclismo Avanza desde o seus inicios, inculcando desde as categorías mais pequenas os grandes valores deste fermoso deporte, compañeirismo e a deportividade por riba de todo.

Tamén non se pode deixar de destacar a gran labor neste deporte, aínda que a ferramenta de traballo non sexa a bicicleta de Luz María Iglesias “luz” e Yaiza Fernández que con cámara en man e obxetivo sempre apunto xornada tras xornada de ciclocross conseguín comunicar e achegar as familias e amantes deste deporte os mellores resumos coas súas impresionantes imaxes captadas desde todos os ángulos habidos e por haber. Non podemos deixar de mencionar que grazas a súa labor son moitos que poden ou podemos ter acceso a unha imaxe da competición que por mor da pandemia e para que se puidesen levar a cabo algunha proba tiñan que excluírse a presenza de público nas mesmas.

A ledicia e a emoción nas filas da familia Avanza xúntanse co nerviosismo a menos de dúas semanas da gran cita do Campionato de España de ciclocross, de este ano terá lugar no municipio cántabro de Torrelavega, entre os días 8 e 10 de xaneiro a comarca do Besaya repartira os títulos nacionais da modalidade de Ciclocross.

Deja un comentario