+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Xaneiro de 2021

O concello de Soutomaior planea un novo Centro de Saúde na zona de Salgueirón


O novo ambulatorio sumaría os recursos dos dous actuais e daría cabida a novos profesionais

O Concello de Soutomaior leva tempo buscando unha solución ao estado da sanidade no municipio e a estratexia deseñada polo goberno local pasa por un novo centro de saúde situado na zona de Salgueirón. O novo centro substituiría aos dous ambulatorios actuais, en Arcade e Soutomaior, e tería capacidade suficiente para acoller a novos médicos que aliviasen a situación da atención sanitaria no municipio.
A proposta xa foi realizada por Conselleiro anterior, Jesús Vázquez Almuiña ao alcalde, Agustín Reguera, a principios do ano pasado, e novamente transmitida ao actual, Julio García Comesaña, cando accedeu ao cargo. “Unha proposta que o mesmo conselleiro mencionou hai pouco no parlamento galego respondendo a unha pregunta do BNG”, lembrou Reguera.
Así, segundo planéase desde o Concello, o novo centro de saúde situaríase moi preto da área deportiva de Salgueirón e do novo instituto para aproveitar a gran cantidade de prazas de aparcamento dispoñibles que poderían dar servizo ao novo ambulatorio e polo seu fácil acceso para os veciños de Arcade e de Soutomaior.
Do mesmo xeito, Reguera destacou que a localización do novo ambulatorio tamén ten está motivada como unha medida urbanística para facilitar a integración dos dous núcleos de poboación do municipio. “Onde antes non había nada, agora hai un novo instituto, novas beirarrúas e senllas peonís, un parque infantil e dúas áreas deportivas, en Salgueirón e Montesiña, ademais do cemiterio e o tanatorio. Aos poucos, a base de crear e mellorar servizos públicos, estamos a unir máis a Arcade e Soutomaior”, explicou o alcalde.

Modificación do PXOM

Paralelamente á solicitude dun novo ambulatorio na zona de Salgueirón, o Concello seguiu onte adiante cos trámites iniciados pola Xunta de Galicia #ante a posible ampliación do actual centro de Saúde de Arcade coa aprobación do pleno municipal da modificación necesaria no plan urbanístico. Un paso necesario para que o Sergas poida dotar de máis superficie útil ao centro de saúde actual.

Deja un comentario